A acupuntura básase na aplicación de agullas en puntos específicos co obxectivo de influir sobre a melloría das enfermidades e o benestar do paciente. Tamén se complementa co emprego de moxas e ventosas.
A día de hoxe existe unha corrente internacional baseada na investigación e fundamentación dos tratamentos de acupuntura. Ben sexa como tratamento único ou como técnica complementaria, é posible ter resultados demostrables en certas patoloxías.
Ademáis das aplicacións tradicionais das agullas, moxas e ventosas contamos coa electroacupuntra, combinación da aplicación de electroterapia e acupuntura. Mediante a inserción de agullas conectadas a un aparato de electroterapia, consíguense resultados máis rápidos e efectivos para algunhas doenzas. A electroacupuntura é unha das nosas aplicacións de preferencia.
A acupuntura require de adecuada hixiene da pel, un manexo exquisito das agullas e sobre todo un coñecemento moi amplio da anatomía. Se ben non é unha técnica perigosa, sí é preciso ter moi claro sobre que estructuras anatómicas se aplica a agulla a fin de non provocar lesións . Como fisioterapeutas temos experiencia e coñecementos anatómicos o suficientemente amplios como para o súa correcta aplicación. Actualmente temos realizadas formacións de acupuntura en España, Portugal, Iralanda e Canadá. Estamos certificados en Neuro-palpation e Neuro-acupuncture techniques polo Canadian College of Naturopathic Medicine de Toronto e as nosas formacións fixéronse con profesionales de referencia internacional