Usamos a ecografía en fisioterapia para:
- Valoración de posibles patoloxías e contraindicacións
- Valoración funcional e control da evolución
- Procesos ecoguiados (electrolisis, punción ecoguiada, acupuntura neuroanatómica)
A ecografía como método diagnóstico NON é unha competencia dos fisioterapeutas, acorde á lexislación actual, o diagnóstico de patoloxía mediante ecografia está reservado ós médicos radiólogos. Sen embargo, é útil para a realización do diagnóstico de fisioterapia. Este diagnóstico de fisioterapia fundaméntase na entrevista clínica, valoración do paciente, mediante test e técnicas manuales, e compleméntase coa ecografía.
A valoración funcional mediante ecografía ten unha forma específica en fisioterapia, é a ténica RUSI, acrónimo inglés traducible por “imaxe de ultrasonidos en rehabilitación”. Este método desenvolveuse na medicina deportiva en Canadá, co obxectivo de valorar a morfoloxía e funcionalidade do tecido músculo-esquelético intentando dar resposta á sintomatoloxía que refire o paciente. Trátase dun método estandarizado e reproducible que permite valoración, seguemento e control de diferentes patoloxías en fisioterapia.