Punción Seca

 

A dor miofascial é posiblemente a causa máis frecuente de dor no ser humano. É unha forma constante e omnipresente de dor musculoesquelético que se asocia a outras patoloxías como cefaleas, lesións de ombro, dores lumbares inespecíficas, radiculopatías lumbares e cervicales, e un logo etcétera. 

 

A técnica de elección para o tratamento dos puntos gatillo é a punción con agullas de acupuntura. O termo máis frecuentemente usado é o de puncion seca, para distinguilo doutras técnicas nas que se infiltra algunha sustancia como anestésicos, antiinflamatorios ou toxina botulínica. Ademáis de como técnica de tratamento, empléase no diagnóstico das patoloxías, xa que a punción seca dos puntos gatillos pode confirmar os patróns de dolor que experimentan os pacientes, principalmente en músculos profundos de difícil acceso por palpación directa.

 

As técnicas de punción seca constitúen un dos procedementos máis eficaces no tratamento da dor musculoesquelética, especialmente cando se combinan con outras técnicas de fisioterapia.