Fisioterapia

 

A Fisioterapia é unha disciplina das ciencias da saúde composta do conxunto de métodos, actuacións e técnicas que, mediante la aplicación de medios físicos, curan, preveñen, recuperan e adaptan a persoas afectadas de diferentes patoloxías.

A fisioterapia usa para o seu traballo axentes físicos,  masaxe, electroterapia e exercicio terapéutico. Neste sentido a lexislación é clara. Diferentes sentencias confirman que, en España, a aplicación de masaxes terapéuticos, electroterapia, e técnicas de osteopatía e quiropraxia son competencias do fisioterapeuta estando estas recollidas na lexislación actual.

En TAMBRE FISIOTERAPIA mantémonos na vangarda da nosa profesión. Cubrimos as técnicas básicas:

- Masaxes terapéuticas 
- Terapia manual
- Electroterapia de media e baixa frecuencia
- Fisioterapia en Neuroloxía

Pero tamén técnicas avanzadas:

- Osteopatía e quiropraxia
- Manipulación con percutor articular
- Fisioterapia en pediatría: fisioterapia respiratoria ou cólicos do lactante
- Mobilización Neural
- Terapia manual Mackenzie 
- Drenaxe linfático e presoterapia terapéutica
- Punción seca de puntos gatillo miofasciais
- Acupuntura 
- Electrolisis percutánea ecoguida

¿Qué lesións ou síntomas tratamos en  TAMBRE FISIOTERAPIA?

- Problemas e lesións de espalda (cervicalxia, lumbalxia, hernias, contracturas, ciatalxias).

- Problemas e lesións deportivas (esguinces, luxacións, tendinoses, sobrecargas musculares, rotura de fibras).

- Patoloxía músculo-esquelética de carácter reumático (artrose, artrite, espondilite anquilosante).

- Drenaxe linfático.

- Trastornos gastrointestinais do bebé (estreñemento, cólico do lactante).

- Trastornos respiratorios do bebé (hiperreactividade bronquial, bronquiolite)

- Trastornos da esfera cráneo-cervical (cefaleas, migrañas, vértigos, mareos).