Osteopatía

Osteopatía

 



A osteopatía é unha metodoloxía de tratamento baseada nas terapias manuais. Fundamenta o seu traballo en valorar e corrixir as disfuncións de mobilidade que presenta o paciente. Fundaméntase no estudio da anatomía e fisioloxía do corpo humano e de como interveñen na producción da enfermidade. O obxectivo último é estimular a capacidade do corpo para recuperarse.


As técnicas de osteopatía agrúpanse en tres grandes campos: OSTEOPATIA ESTRUCTURAL, VISCERAL e CRANEAL. Conta con maior evidencia científica (resultados de eficacia positiva) no campo da osteopatía estructural e os resultados en visceral e craneal son moi limitados. 

¿Cómo é unha sesión de osteopatía?

En Tambre Fisioterapia realizamos tratamentos de osteopatía combinados con fisioterapia. A nosa experiencia demóstranos que obtemos un maior beneficio para o paciente. O tratamento é sempre individual.  Tras unha extensa e específica valoración identifícanse os problemas. O tratamento realízase mediante técnicas de fisioterapia e osteopatía. A maior parte do tratamento é manual pero compleméntase coas máis modernas técnicas de electroterapia e con programas de exercicio terapéutico persoalizados. Queremos aliviar e solucionar problemas na maior brevedade posible.

IMPORTANTE: A osteopatía e a quiropraxia NON son titulacións nin profesións oficiais en España e non figuran na  Ley 44/2003, de ordenación de profesións sanitarias. Sen embargo, as técnicas e métodos específicos referidos ó aparato locomotor (terapias manuais, terapias manipulativas articulares, quiropraxia e osteopatía) están reguladas oficialmente na Orde CIN/2135/2008 dentro da  AREA DE COÑECEMENTO de fisioterapia; polo tanto, a súa aplicación é unha competencia do FISIOTERAPEUTA .  Só así podemos obter os mellores resultados das mans dun profesional sanitario debida e legalmente formado.