Incontinencia urinaria

A Incontinencia urinaria defínese como "a pérdida involuntaria de orina que pode ser demostrada obxectivamente e que constitúe un problema social e hixiénico". Esta definición parte da Sociedade Internacional da Continencia (ICS), primeira entidade que incide no aspecto social deste problema. Esta problemática é tratada cada vez máis de forma clara e aberta, non como un tema tabú, se acepta como normal e son os profesionais sanitarios (xinecólogos, urólogos, fisioterapeutas, médicos de familia...) quen poden informar dos tratamentos adecuados.

Os grupos de poboación con incontinencia predominantemente son mulleres, terceira idade, nenos, e pacientes neurolóxicos. A poboación feminina é a de maior risco, debido ás súas características morfolóxicas e a factores como o parto, a menopausia, ou o deporte.

A fisioterapia en incontinencia urinaria non é nova. A día de hoxe o termo empregado máis correcto é o de pelviperineoloxía, xa que engloba os aspectos urolóxico, xinecolóxico, coloproctrolóxico, e o músculo-esquelético (de gran influencia nestas patoloxías). Segundo a SEFIP (sociedade española de fisioterapia en pelviperineología) a fisioterapia como tratamento conservador das disfuncións de suelo pélvico proporciona unha resposta curativa, paliativa ou preventiva  a este tipo de patoloxías.

A especialización neste campo da fisioterapia permite a evaluación mediante electromiografía e ecografía transperineal. Con ela obtense unha precisa valoración funcional, proporcionando así mesmo á paciente datos claros e imaxes de como funciona o suelo pélvico en cada momento do tratamento.  Realízase valoración e tratamento tumbado, de pé e en movemento. Para elo usamos estas tecnoloxías de forma que se establece unha dinámica adecuada e clara de aprendizaxe e tratamento. Estes tratamentos deben basearse en datos obxectivos e comparables (máxima forza de contracción voluntaria,  fatiga muscular, coordinación abdomino-perineal.... ).

 

En TAMBRE FISIOTERAPIA estamos formados en fisioterapia en pelviperineoloxía. Así mesmo contamos con formación en ecografía RUSI e valoración ecográfica de suelo pélvico. No noso equipamento dispoñemos dun ecógrafo con sonda de alta definición e dispositivos de electromiografía e biofeedback para un tratamento integral do suelo pélvico, que permite combinar abordaxe personalizado, valoración funcional, terapia manual e exercicio terapéutico.

 


Tratamos a incontinencia mediante: 

- Electromiografía e Biofeedback

- Ecografía 

- Programa de exercicios personalizado 

- Valoración e tratamento individualizado 

Se tes dúbidas chámanos e pregunta a Rebeca 

 

Rebeca Seoane é: Fisioterapeuta colexiada 885, formada en:  ecografía en fisioterapia, valoración ecográfica mediante técnica RUSI, tratamento da incontinencia urinaria e ecografía funcional abdomino- perineal.